viernes, 30 de enero de 2015

Día escolar da paz e a non-violencia

Hoxe celebramos o Día da Paz e o alumnado de 4ª PDC fixo un cartel  para recordarnos que aínda queda moito traballo por facer para poder dicir a palabra paz en todas as linguas. Ti cantas maneiras coñeces de dicir  paz? 




Falando da sùa obra e de moitas cousas màis con Ramòn Caride

Disfrutamos moito coa charla e a conversa con Ramòn Caride. As integrantes do Club de Lectura animàmonos a ler outra das sùas obras, "Soños elèctricos". Grazas a tod@s por asistir, ao profesor Manuel Busto por organizar o encontro, e especialmente ao noso convidado.



LECTURAS PARA UN MINUTO (ESPECIAL DÍA DA PAZ): PÁJAROS PROHIBIDOS

Hoxe celebramos o Día da paz e a non violencia con este pequeno conto


Pájaros prohibidos.

Por increíble que parezca, la principal cárcel de la dictadura militar uruguaya, se llamaba Libertad. Y por increíble que parezca, estaba prohibido en esa cárcel llamada Libertad, que los presos dibujaran o recibieran dibujos de mariposas, estrellas, parejas y pájaros.
Uno de los presos, Didaskó Pérez, maestro de escuela, preso por tener, como dijo el oficial que lo detuvo…preso por tener “ideas ideológicas”, recibió un domingo la visita de su hija Milay de cinco años. La hija le trajo un dibujo de pájaros. Como los pájaros estaban prohibidos, la censura se lo rompió; los censores rompieron el dibujo a la entrada de la cárcel.
Al domingo siguiente Milay trajo un dibujo de árboles… como los árboles no estaban prohibidos… el dibujo, pasó. Y el padre le preguntó: -Esas frutas, esas frutas de colores que hay… ¿Qué son?, ¿Naranjas, limones, manzanas?, ¿Qué son?. Y la niña lo hizo callar: -Shhh, bobo, ¿No vés que son ojos? Los ojos de los pájaros que te traje a escondidas.

                                                                                           Eduardo Galeano

martes, 27 de enero de 2015

Charla con Ramón Caride

Este xoves 29 de Xaneiro, Ramón Caride virá conversar co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa obra.

Ramón Caride é autor dunha gran cantidade de literatura infantil e xuvenil, poesía e relatos; e é coñecido por nós sobre todo pola súa novela "Sarou", da que poderemos falar e compartir impresións nesta charla. Esta novela, ambientada na comarca de nome Sarou, reflexa a vida das xeracións perdidas, da reconversión dos vellos oficios e do narcotráfico.

Algunhas das novelas ou libros de relatos de Ramón Caride, están ilustrados por debuxantes tan afamados como Miguel Anxo Prado ou Manuel Busto. As integrantes do Club de Lectura de A Basella, estivemos a ler "Endogamia 0.2", un libro de relatos de Caride ilustrado por Manuel Busto (que ademáis é o profesor de Educación Plástica e Visual do noso instituto), así que aproveitaremos tamén para comentar con eles as nosas impresións.

sábado, 17 de enero de 2015

Maleta viaxeira de banda deseñada


   

Se che gustan os cómics, aproveita para visitar a biblioteca estes días e ler algún dos cómics que atoparás nos expositores. Estes libros estarán no centro uns días. Se estás interesad@ en algún, podes solicitar ao centro que se merque un exemplar.






viernes, 2 de enero de 2015

O Club de Lectura recoméndavos para estas vacacións...

Dende o Club de Lectura queremos facervos partícipes das últimas novas que estamos a ler, tamén en vacacións. Nos últimos meses do xa ano pasado, estivemos a ler o clásico "O vixía no centeo" de J. D. Salinger e a poesía de Carlos Negro "Penúltimas tendencias", lecturas moi recomendables para este tempo de descanso.


 Estamos a ler nas vacacións de Nadal, "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño, unha historia sorprendente da amizade entre dúas mulleres que en principio, poderiamos pensar que non terían motivos para tal amizade. É a historia nunca contada de Penélope e Circe.

Que disfrutedes da lectura e as vacacións!!!