miércoles, 27 de mayo de 2015

viernes, 22 de mayo de 2015

Semana cultural: proxección de curtas

O Departamento de inglés seleccionou unha serie de curtas estupenda para a proxección de hoxe. Tanto alumnos/as como profesores/as disfrutamos moitísimo. Grazas, Xabier! Cal foi a túa curta favorita?

Semana Cultural: A globalización e a emigración a debate

Nesta Semana Cultural levamos a cabo unha actividade vinculada ao noso proxecto documental sobre a emigración coa colaboración do Departamento de Filosofía. A profesora Carmen Díaz enviounos o seguinte texto sobre a actividade:
O mércores 19 e venres 22 de maio celebramos dous debates protagonizados polo alumnado da materia Educación ético-cívica de 4º de E.S.O, contando nun deles coa asistencia do alumnado de Economía de 1º de Bach. O tema proposto foi “Globalización e emigración”. Námbolos dous casos cada equipo presentou as vantaxes e desvantaxes que a globalización supón para a emigración así como os seus desafíos e problemas tanto a nivel económico, político e cultural. Neste último caso falouse especialmente da problemática derivada da convivencia intercultural e das súas consecuencias en relación aos Dereitos Humanos.
Foron uns debates realmente interesantes e enriquecedores.

Semana cultural: degustación de produtos franceses

Despedimos a Semana Cultural da mellor das maneiras: cunha degustación de algúns dos produtos típicos da gastronomía francesa. As profesoras de francés prepararon, en colaboración cos seu alumnado, unha chea de petistos très, très bons. Pasade a probalos que ainda queda tempo! Entre bocado e bocado, aproveitade para ver as fotos da viaxe cultural a París e a exposición de xornais franceses, unha pequena homenaxe á liberdade de prensa.

jueves, 21 de mayo de 2015

Semana Cultural: Aquí xogamos todos!

O alumnado de  agrupamento de 2º ESO B  estivo investigando e escolleu cinco xogos de distintos países do mundo. Hoxe explicaron estes xogos aos seus compañeiros. O alumnado de 2º ESO B  ensinou os xogos aos seus compañeiros/as de 1º ESO A e estes, a 2º ESO A e a 1º ESO B. 
Pasamos unha xornada estupenda!

miércoles, 20 de mayo de 2015

Semana Cultural: a caza do tesouro

A caza do tesouro para celebrar o Día das Letras Galegas estivo moi, moi reñida. Os equipos percorreron todo o centro para atopar ás respostas. Tiveron que preguntar a profes, buscar libros na biblioteca, descubrir pistas nas distintas exposicións que había polo centro, resolver encrucillados... buscaron mesmo debaixo das pedras! Aquí podedes velos en plena acción

Lembrade: o venres daremos os premios de 1º e 2º ciclo de ESO

Semana cultural: visita as exposicións

Esta semana podes ver polo centro moitas e moi variadas exposicións:


  • As palabras tamén viaxan, unha exposición feita polo alumnado de 4º de diversificación na que poderás descubrir que palabras do galego e do castelán proceden doutras linguas e cando entraron nas nosas linguas. Tamén poderás ver como o castelán emigrou a outras partes do mundo e aprenderás algo máis do spanglish e do sefardí.
  • Alén do mar: exposicións de fotografías
  • Pintores na emigración: un traballo sobre a obra de Seoane e Castelao, vinculado tamén ao noso proxecto
  • A obra de Filgueira Valverde

martes, 19 de mayo de 2015

Charla de Ramón Cid

O martes pola tarde estivo no centro Ramón Cid que deu unha interesantísima charla aos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato sobre o LHC. Se queredes saber máis, visitade o blog basellafala

lunes, 18 de mayo de 2015

Gracias por participar!

Acabamos de recoger los sobres en secretaría y nos espera una semana de lectura y deliberaciones para escoger a las ganadoras o ganadores del Concurso Literario. Seguro que no resulta fácil elegir entre tantas obras presentadas.

Actividades na Semana das Letras Galegas


Esta semana faremos varias actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Ademais, moitos dos traballos  vinculados ao noso proxecto documental sobre a emigración, e nos que estivemos traballando ao longo do curso, por fin sairán á luz e tod@s poderemos velos.

Este é un pequeno resumo das actividades que faremos estes días. Esperamos que as disfrutedes.

Luns 18 de maio:
  •  Apertura  da exposición “Obra de Filgueira Valverde”.
Martes 19 de maio:
  •  Francofonía (1º-4º ESO) 
  •  Charla de Ramón Cid  para o alumnado de 1º de Bacharelato.
Mércores 20 de maio:
  •  Exposicións:  “Alén do mar”, “Pintores na emigración” e “As palabras tamén viaxan” .
  •  Busca do tesouro (1º-4º ESO )
  • Debate: globalización-emigración (4º ESO B)
Xoves 21 de maio:

  • Debate: globalización-emigración (4º ESO A)
  • Xogos do mundo (1º ciclo ESO )
Venres 22 de maio:
  • Ciclo de cine (organizado polo Departamento de Inglés)
  • Degustación de produtos típicos  (organizado polo Departamento de Francés)
  • Entrega de premios

    domingo, 17 de mayo de 2015

    Día das Letras Galegas


    Comezamos a celebración do Día das Letras Galegas cun xogo de pistas organizado polos equipos de organización lingüística dos IES da nosa localidade. O venres 15, equipos de alumnado de 1º da ESO do Faro das Lúas e A Basella, percorreron as rúas de Vilanova buscando en lugares emblemáticos da vila, as pistas para construír o lema "A lingua galega é o noso tesouro". Se queredes ver fotos da actividade, visitade o blog basellafala




    Feliz Día das Letras Galegas!

    Esta semana, para celebrar o Día das Letras Galegas, faremos unha chea de actividades no instituto. Ven preparad@!


    Coñeces a Xosé Filgueira Valverde? No instituto poderás ver unha exposición dalgunhas das súas obras. Damos as grazas a Emilio por prestarnos estes exemplares.
    Tamén haberá unha caza do tesouro por grupos. Sodes quen de resolver todas as probas?

    viernes, 15 de mayo de 2015

    jueves, 14 de mayo de 2015

    Acaba o prazo para participar no Concurso Literario!

    Bulide! Quedan unhas horiñas para entregar os vosos poemas ou relatos na secretaría do centro



    Xa está aquí o Día das Letras Galegas!


    Quentamos motores para celebrar o Día das Letras Galegas! Aquí tedes un pequeno avance das actividades que temos preparadas para este venres e para a próxima semana:


    Grazas ,Raquel por prestarnos esta foto!

    lunes, 11 de mayo de 2015

    Hoxe é un bo día para empezar a ler

    Pasa pola biblioteca e busca un libro que che interese. Se queres axuda, pregunta ao encargado/a da biblioteca.

    domingo, 10 de mayo de 2015

    domingo, 3 de mayo de 2015

    LECTURA PARA UN MINUTO: CON EL CORAZÓN EN LA MANO

    Co microrrelato de hoxe celebramos o Día da nai


    Con el corazón en la mano

     Raúl mató a su madre. Una vez muerta le extrajo el corazón. En su alocada huida cayó y rodó por las escaleras de su casa. El corazón salió despedido y dando botes fue a parar al rellano siguiente. El corazón de la madre desde el suelo, con el tierno recuerdo de un invisible cordón umbilical, vibró y dijo:
    - ¿Te has hecho daño, hijo mío?

                                                                       Leopoldo Ruiz Cervera