martes, 30 de junio de 2015

sábado, 27 de junio de 2015

Razóns para ler

Uns cantos motivos para aproveitar este tempo de verán para ler

Sabías que...

Tintín xa ten os seus propios avións? A través das historias de Tintín viaxamos por todo o mundo. A compañía Brussels airlines decidiu homenaxear a este heroe da banda deseñada facendo os seus avións Tintín.

Que pasou este curso na biblioteca?

Estes dous últimos cursos foron cursos de cambios na biblioteca do centro. Moitos/as profesores e profesoras tentamos facer da biblioteca un espazo máis agradable e vivo e, para logralo,  cambiamos o mobiliario, adornamos as paredes, organizamos actividades...Mais todo este traballo non tería sentido sen a participación dos/as alumnos e alumnas do centro, que tomaron este espazo ao asalto, o encheron de xente nos recreos e participaron de forma entusiasta  en todas as actividades. Moitas grazas  a todos e todas. Isto danos ánimo para seguir traballando o curso próximo para mellorar o que xa se fixo e implicar ás nais e pais no noso proxecto. Na memoria podes ler todas as actividades que fixemos este ano.


viernes, 26 de junio de 2015

Empezan as vacacións!

Temos por diante un longo verán para disfrutar da praia, os amigos, as festas...e tamén da lectura dun bo libro. Ti que porta vas abrir?

Este é o noso pequeno pasatempo de hoxe. Eres quen de averiguar a que obra literaria fai referencia cada unha das portas?

miércoles, 24 de junio de 2015

Visita o noso blog durante o verán!

O blog da biblioteca non pecha por vacacións. Nel poderás atopar pasatempos, datos curiosos, novas sobre libros e literatura e moito humor. Alimenta o teu cerebro con nós!


lunes, 22 de junio de 2015

Boas vacacións!

Desde a biblioteca vos desexamosvos un verán cheo de boas experiencias.  Nós xa estamos argallando novas actividades para o curso que ven. Esta canción pode darvos unha pista do proxecto documental que traballaremos o próximo curso


jueves, 18 de junio de 2015

XXIII Concurso Literario: é tempo de poesía

Haizea gañou o premio na categoría de poesía  do XXIII Concurso Literario con este poema que trata un  tema recurrente na poesía e que inspirou a numerosos poetas: o paso do tempo. Esperamos que disfrutedes da súa lectura tanto coma nós

Tiempo
Te paras a pensar 
pero no lo sientes.
Los días van pasando monótonos
y percibes que te pierdes.
Cambios, necesitas cambios
nuevos sitios, nueva gente, 
nuevas metas en la vida
que te exijan que lo intentes.
Hablas con el tiempo
pero este, no contesta.
Una pieza más del juego
nadie sabe dónde empieza.
Preguntas, surgen preguntas,
siempre sin respuesta.
Abandonas la lucha,
ya no quedan fuerzas.

XXIII Concurso Literario: Disfruta dos relatos gañadores

Este é un dos relatos gañadores no XXIII Concurso Literario. A súa autora é Miriam Rodríguez Somoza e o título do relato, El corazón de Damián . Esperamos que disfrutedes da lectura tanto coma nós.

miércoles, 17 de junio de 2015

Encontro de final de curso do club de lectura

Como despedida do Club de Lectura deste curso, xuntámonos co club do instituto de Faro das Lúas suxeríndonos lecturas interesantes para este verán e o vindeiro curso.

A nosa última escolla é Purga, de Sofi Oksanen, unha novela que relata a dura vida de dúas mulleres na Estonia ocupada polos soviéticos na primeira metade do pasado século.

Desexámosvos un bo verán e que vos animedes a formar parte dos clubs de lectura no próximo curso.

martes, 16 de junio de 2015

Mochilas viaxeiras

Non vos esquenzades de recoller as vosas mochilas viaxeiras na biblioteca para  disfrutar dun verán cheo de libros.


lunes, 15 de junio de 2015

Parabéns ás gañadoras!

Despois dunha longa deliberación,o xurado do XXIII Concurso Literario  que organiza o Departamento de Lingua Castelá para celebrar o Día do Libro decidiu premiar ás seguintes obras:

  • CATEGORÍA A: POESÍA------ DESERTO
  • CATEGORÍA A: RELATO BREVE--------- DESERTO
  • CATEGORÍA B: POESÍA------ TIEMPO  presentado baixo o seudónimo ENDER
  • CATEGORÍA B: RELATO BREVE------ EL CORAZÓN DE DAMIÁN presentado baixo o seudónimo CATALINA
  • CATEGORÍA C: POESÍA--------DESERTO
  • CATEGORÍA C: RELATO BREVE------EL ÁRBOL DE IMARA presentado baixo o seudónimo ACILQANAE
Hoxe no 2º recreo abríronse os sobres  e descubrimos a verdadeira identidade dos autores/ as dos textos escollidos e entregáronse os premios. Ás autoras das obras gañadoras son:

  • HAIZEA BIANCA COMPÁN MEANA  (4º ESO B) polo seu poema Tiempo. Premio: 40 euros
  • MIRIAM RODRÍGUEZ SOMOZA (4º ESO A) polo seu relato El corazón de Damián. Premio: 40 euros
  • BELÉN PAZ ALLO (1º BACH. C) polo seu relato El árbol de Imara. Premio: 40 euros

Parabéns ás tres e esperamos que sigades escribindo! Que a literatura vos acompañe!

Pronto poderedes ler as obras gañadoras no blog da biblioteca.


Xa está no centro o nº 12 da Revista A Batea

Despois dun parón de varios anos, retomamos a publicación da revista escolar de noso centro: A Batea. Todo isto grazas a intensa colaboración dun equipo de redacción formado por alumnos e alumnas de varios niveis.
Esperamos que o seguinte número teña máis páxinas e colabore casi toda a Comunidade Educativa.
Bulide, non vos quededes sen o voso exemplar!



sábado, 13 de junio de 2015

Ya tenemos a los ganadores o ganadoras del Concurso Literario!

El Departamento de Lengua ha elegido ya las poesías y los relatos ganadores del concurso literario. El próximo lunes día 15 en el 2º recreo haremos públicos los nombres de los ganadores y ganadoras y abriremos los sobres para conocer su verdadera identidad. Mucha suerte a tod@s!!

lunes, 1 de junio de 2015

Mochilas viaxeiras

Queres ler no verán? Gustaríache levar libros para a túa familia? Apúntate as MOCHILAS VIAXEIRAS DO VERÁN! Fala con calquera d@s profesores/as do grupo da biblioteca e prepara a túa mochila.