"A protagonista desta historia da mitoloxía grega morreu pola mordedura dunha serpe. O seu namorado, despois de chorala moito, descendeu valentemente ao Tártaro esperando recuperala e levala de volta. Coa súa melancólica música, encantou ao barqueiro Caronte, ao Can Cerbero e a os tres xuíces dos mortos amoleceu o seu duro corazón, e díxolles que o motivo da súa viaxe era a súa esposa e suplicoulles que a deixasen marchar . Estes concedéronlle a su petición cunha única condición: que non mirara atrás ata que ela estivese a salvo baixo a luz do Sol. Ela seguiuno polo escuro pasadizo guiada polos sons da súa lira, pero cando chegaron a onde xa había luz solar el volveuse para comprobar se ela o seguía, pero como a súa esposa aínda tiña un pé na sombra e entón perdeuna para sempre."
Se completaches o cuestionario non esquezas entregalo na biblioteca o luns. Moita sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario