Xa estamos en abril, un mes cheo de celebracións. Aquí tes un resumo das actividades que van ter lugar na biblioteca e no centro ao longo do mes:
- Exposición: Trío de ases. Adicamos o taboleiro da biblioteca a homenaxear a tres grandes escritores que, a pesar do tempo pasado, seguen tendo vixencia hoxe en dia. Xa sabes de quen falamos? Pois si, de Cervantes, Shakespeare e Valle-Inclán. Participa nas celebracións e espalla polo centro citas famosas destes escritores. Tamén poderás ver nos expositores do centro unha selección das súas obras. Anímaste a lelas?
- Actos polo 25 aniversario do centro: A Basella está de celebración! Ao longo do mes teremos charlas, unha comida e máis actividades para celebrar esta data tan importante.
- Celebración do Día do Libro: como todos os anos, celebraremos o Día do Libro por todo o alto! Haberá unha feira do libro, concursos literarios, lecturas compartidas...e algunha que outra visita sorpresa...quen se paseará polo centro?